martes, 8 de abril de 2008

* * * * Hasta Nunca * * * *

"Unha imaxe vale mais q 1000 palabras"...quen cona dixo isto?? tiven q poñer mais dunha imaxe para expresar unha soa palabra,ou dúas, ou mais ben un sentimento...unha forma de vida:
* * * * " Somos Ourensanas" * * * *

martes, 1 de abril de 2008

Semella haber rematado a Semana Santa, non si??
pois xa era hora, resulta que o teñen moi mal montado por esta illa, sabedes cando é ese derradeiro domindo, cando eu non calo co de que o derradeiro dia é mellor pasalo nas charcas, e logo deso estamos no rey, coa sangria, coa tortilla, ... pois ben, akí dixeron: unha semana de festas necesita dunha semana de descanso!! a tomar por el culo...q facemo-los galegos cando temos unha semana de descanso: descansar??, ben sabedes q non, e inda menos cando me pasei os primeiros dias da semana santa metidiña na cama..soa...enferma...soa...con placas..e SOA!!
Alex, e mais eu, o primeiro dia que sain de casa, toleaba se kedaba un so dia mais!!
Resulta que o primeiro dia que puiden sair, collín unha borracheira destas de recordar, se o recordara claro ;) enton para contarvos que tal foi...as veces as palabras non chegan a explicar o tipo de xentiña coa que me xunto pa pasalo mal, mal...deixovos unha mostra, é Nani, un coleguiña de Andresito, o mallorkin q me amosou o "mellor" atardecer cos meus ollos puideron ver,juapo, juapo, non é pero: MeNuDoSoLLoS, velaí a tendes.

Bueno, o Domingo Santo...Santo para os italianiños, fómonos de cea de pascua, hai costumbres q non estaría del todo mal coller coma nosas...soas Titi e mais eu , rodeadas deles, incluso andaban por ahí os pais de Lorenzo (o noso Romano, pero non vai cunha sábana, e laurel no cabelo, non o entendemos moi ben, peró, cambiaría a moda dende César).
O tema, a semana seguinte tiñamos q facer algo entón...a ver se adiviñades:::

O NOSO FERRY CHEGANDO A IBIZA!!
bonita?? todo o mundo debería pasar algúns anos da súa vida en Dalt Vila, dentro de cidade, hai unha muralla, dentro desta unha especie de pobo, esto é Dalt Vila, polo módico precio de 1000€ de aluger ó mes podemos pasar ahí algún tempo non creedes??é super!! é xenial!! é Ibiza!!
paseino de medo, fomos Titi, Pablo e mais eu, e agora si q é complicado explicar como o pasei, non teño tanto vocavulario, sintoo, pero teredes q ve-las fotiños :(e certo, istas non son as mellores, pero xa teremos tardes e tardes para que volas amose nas nosas herbas, e contareivos entón todo o encanto que ten esta maravillosa illa,dende a primeira birra antes de encontrar o Hostal Brisa y Mar, o Josepe, o neno que despedimos nada mais chegar a illa, estivemos con él e máis os seus amiguettes na Praza do parque, no Sargantanas, onde por suposto entre birra e birra, coñecimos a Miguelín, o camareiro madrileño, e Paco, outro camareiro, ibicenco, ibicenco, outra ronda de birras, uns chupitos de Herbas de Menorca ( non é LK pero é o que hai) e que levounos a Jesús, un pobo a carón de Ibiza, onde estivemos na Alternativa,tomar unhas birras no primeiro bar hippie en San Carlos, o norte da illa, onde empezou o movemento, mollar os pes na cala de augas brancas, esta merece foto a parte...
e coma bos "giris" q dicir de 5,50€ por unha heineken no Café del Mar...os meus ollos voltarán a ver unha posta de sol coma esta??non tiña tan boa compaña coma na de Banyalbufar peró...


E de volta a Palma, que hai concerto de Dorian...estamos a vernes e non sei moi ben coma vai acabar este capdesetmana, bueno a dicir verdade, a estas alturas xa o sei, xa que ninguén me dixo a canción pola que preguntaba a derradeira vez que escribín, voubos a facer unha pregunta mais sinxela...rematei ben ou mal?? keredes unha pista...velaí a tendes:
Bueno espero que as vosas vacacions foran igual de entretidas que as miñas, e senón, culpa vosa de non vi a visitarme!!
Ata outra, xa sabedes...*****NosVemosEnLosBares*****
PD:un anaco dunha conversa q tiven fai pouko tempo: ¡graciñas! "...ti e máis eu sabemos que vas a acabar con un das burgas, que a familia faga licor café na casa, que lle guste máis sair ca nada, que lle guste disfrazarse, que non se afeite tódolos días, que coma con toda a súa familia os domingos, imaxinoo cunha bufanda de hai 20 anos, e en manga corta, co pelo feito un cristo, sin peitear desde fai meses, iso sí, moi limpiño..."